O proxecto Smartiago, finalista dos premios Procura + Awards na categoría de compra pública e innovación

Procura Awards

El proyecto Smartiago acaba de ser seleccionado como finalista de los premios Procura + Awards, en la categoría de "Compra pública e innovación del año", junto a Praga, la capital de la República Checa, que presentó un proyecto BIM (Building Information Modeling), sobre la creación de innovación energética neta cero a través de adquisiciones en la construcción.

Ámbolos dous proxectos superaron na semifinal ao presentado por Valladolid, dúas solucións sociais e sanitarias innovadoras para o envellecemento activo e a vida independente; e a outro presentado por Helsinki, relacionado co desenvolvemento dun camión eléctrico e silencioso para a recollida de lixo nocturna.

Os premios Procura + Awards están xestionados e coordinados por ICLEI - Gobernos Locais para a Sustentabilidade; unha rede global de máis de 2.500 gobernos locais e rexionais comprometidos co desenvolvemento urbano sostible, activa en máis de 125 países. Trátase dunha entidade que integra a autoridades públicas europeas e rexións que conectan, intercambian e actúan sobre adquisicións sostibles e innovadoras.

O pasado mes de setembro, Smartiago tamén foi seleccionado como un dos finalistas dos Premios Europeos de Adquisición da Innovación (EUIPA) 2021. Estes premios, outorgados polo programa Horizon Europe, co apoio do Consello Europeo de Innovación, recoñecen os casos máis destacados en toda Europa de promoción da adquisición de innovación por parte de compradores públicos e privados, destacando ademais a colaboración entre comprador (neste caso, o Concello de Santiago) e os provedores de innovación para levar as solucións innovadoras ao mercado.

Smartiago
O proxecto Smartiago nace froito da colaboración entre o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (agora, Ministerio de Ciencia e Innovación) para contribuír á mellora dos servizos públicos para a cidadanía impulsando o desenvolvemento de proxectos singulares de innovación tecnolóxica.

A consecución destes obxectivos realizarase a través do fomento da innovación empresarial, mediante a selección das actuación e proxectos relacionados coa resolución de retos de sustentabilidade e mellora da eficiencia en prestación de servizos públicos de recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, mobilidade e iluminación pública a nivel local. Así, o proxecto Smartiago artéllase en tres retos para tentar acadar estes obxectivos:
Reto 1: Mobilidade intelixente e sostible
Reto 2: Xestión sostible e intelixente de RSU
Reto 3: Iluminación ornamental intelixente para a conservación do patrimonio.

Outro dos fins de Smartiago é implicar nestes obxectivos a axentes do sistema de I+D+i local, rexional e nacional. Mostra de isto é a alta participación acadada ata o de agora nos diferentes fitos do proxecto. O proxecto permitirá situarse tecnoloxicamente nun campo novo a empresas con gran capacidade tecnolóxica, á Universidade e aos Centros de I+D+i do ecosistema local, todo acometendo novos retos en liña cos obxectivos FEDER 2014-2020.

O proxecto Smartiago pretende lograr, despois do desenvolvemento das tecnoloxías que se leven a cabo, un conxunto de solucións tecnolóxicas innovadoras no ámbito das cidades intelixentes, encamiñadas a converter a Santiago de Compostela na primeira iniciativa que busca eficiencia, máxima aplicabilidade e adaptación de I+D ás problemáticas das Cidades Patrimonio, de maneira que os resultados sexan altamente escalables, eficientes e replicables noutras cidades ou contornas nas que o patrimonio histórico sexa un atributo distintivo.

A contratación de innovación moderniza o sector público con solucións máis baratas e de maior calidade. Estas prácticas contribúen directamente á competitividade da UE, ao abrir unha ruta ao mercado para novos xogadores, especialmente as pemes. Tamén axudan ás empresas máis grandes a levar produtos innovadores ao mercado, estimulando o crecemento empresarial transfronteirizo e a creación de emprego. A contratación por innovación tamén serve para atender as necesidades máis acuciantes da sociedade.

Cofinanciamento FEDER
O proxecto Smartiago desenvólvese en virtude a un convenio de colaboración da Línea FID (Fomento de la Innovación desde la Demanda) entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Concello de Santiago de Compostela e está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. Tamén está cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) nun 10%.