Presentación

A iniciativa de Europa 2020 “Unión pola innovación” recoñece a importancia da Compra Pública de Innovación e ou seu elevado potencial para impulsar a innovación. Neste senso, a contratación pública de produtos e servizos innovadores é primordial para mellorar a calidade e a eficiencia dos servizos públicos, especialmente nun contexto de restricións orzamentarias. A iniciativa establece que as administracións públicas deben utilizar a contratación pública cofinanciada polos fondos estruturais para aumentar a demanda de produtos e servizos innovadores. A Compra Pública de Innovación (en adiante CPI) é polo tanto unha actuación de fomento da innovación orientada a potenciar o desenvolvemento de novos mercados innovadores desde o lado da demanda, e que persigue os seguintes obxectivos:

  • A mellora dos servizos públicos mediante a incorporación de bens ou servizos innovadores.
  • O fomento da innovación empresarial.
  • O impulso da internacionalización da innovación empregando o mercado público local como cliente de lanzamento ou referencia.

O Concello de Santiago de Compostela conta coa iniciativa SMARTiAGO, como estratexia para responder aos retos de innovación, implicando no se proceso a axentes do Sistema de I+D+i local, rexional e nacional. O seu obxectivo principal é a posta en marcha da folla de ruta formada por un conxunto de solucións tecnolóxicas innovadoras no ámbito das cidades intelixentes, encamiñadas a converter a Santiago de Compostela na primeira iniciativa que busca eficiencia, máxima aplicabilidade e adaptación da I+D ás problemáticas das Cidades Patrimonio no seu conxunto, de xeito que os resultados sexan altamente escalables, eficientes e replicables noutras cidades ou contornas nos que o Patrimonio Histórico sexa un atributo distintivo das mesmas. SMARTiAGO permitirá posicionarse tecnoloxicamente nun campo novo a empresas con grande capacidade tecnolóxica, á Universidade e aos Centros de I+D+i do ecosistema local, todo elo acometendo novos retos en liña cos obxectivos FEDER 2014-2020.

 

O importe total do proxecto ascende a 6.180.000 €, dos que un 80% (4.944.000 €) serán aportados polo Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 a través do Convenio asinado co Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades para o Proxecto «SMARTIAGO», e outro 10% (618.000 €) que son financiados pola Axencia Galega de Innovación grazas ao Convenio firmado co propio Concello.