Guía de comunicación

Todo o relativo á Comunicación dos Fondos da Política de Cohesión Europea está adquirindo maior importancia, debido á necesidade de incrementar a transparencia na aplicación dos Fondos desta política nos diferentes estados membros. Para conseguir este obxectivo é moi importante poder realizar unha boa difusión e información sobre as obrigas e responsabilidades dos diferentes beneficiarios, tanto activos como potenciais destas axudas. Por outra banda, tamén é imprescindible que a cidadanía estea ben informada de cal é o papel da Unión Europea na mellora da súa calidade de vida.