Que é unha consulta?
A consulta busca promover a participación de persoas físicas ou xurídicas, para a presentación de propostas innovadoras destinadas a dar resposta a unha serie de retos mediante o emprego de tecnoloxías que superen as prestacións das existentes actualmente no mercado.
Estas propostas servirán para avaliar as capacidades do mercado e definir as especificacións funcionais que impliquen innovación e sexan factibles de alcanzarse a través dunha eventual Compra Pública de Innovación ou outro instrumento de contratación pública.
Quen pode participar?
A convocatoria é aberta e diríxese a persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que teñan intención de colaborar co Concello de Santiago de Compostela facilitando información que mellore a definición e o alcance dos posibles proxectos a licitar.
Admitirase a presentación de varias propostas por unha mesma persoa física ou xurídica, xa sexa individualmente ou en forma conxunta con outras.
Como participar?
Para a presentación das propostas, os proponentes cinguiranse ás seguintes regras:
- Os participantes deberán formular as súas propostas cumprimentando a seguinte ficha de solicitude. Poderase acompañar a ficha coa documentación complementaria que se estime oportuna, onde se poderá desenvolver a proposta con maior detalle, pero rógase aterse á ficha para facilitar a súa análise.
- A ficha e a documentación complementaria enviaranse a través do formulario que aparece ao facer clic en “Presentar proposta” ou, na súa falta, poderá enviala a través do seguinte enderezo de correo electrónico: cm-smartiago@santiagodecompostela.gal
- As propostas identificaranse cun acrónimo único. En caso de enviar a ficha e a documentación complementaria a través do correo electrónico indicado anteriormente, deberá aparecer o acrónimo do proxecto no asunto do correo.
- En cada un dos documentos achegados complementariamente á ficha, deberase indicar claramente a confidencialidade dos mesmos tanto no título do documento como no contido do mesmo.
- Para poder modificar a proposta enviada, poderá facelo tanto polo formulario web “Presentar proposta” enchendo os datos e modificando o acrónimo do proxecto “acrónimoproyecto_v2 (3,4… n)”. En caso de enviar por correo electrónico unha nova versión da ficha e documentación, deberase indicar no asunto o acrónimo do proxecto e número de versión, tal como se indica para o formulario web “acrónimoproyecto_v2 (3,4… n)”
- No caso de que unha proposta se presente de forma conxunta por un grupo de persoas ou entidades, deberá empregarse un único enderezo de correo electrónico, para os efectos de identificación da proposta e interlocución cos propoñentes.
- Os custos derivados da participación na convocatoria correrán a cargo dos participantes.
- As propostas poderanse presentar en calquera momento a partir da data da convocatoria, e sempre que esta permaneza aberta.
- O Concello de Santiago de Compostela non se obriga a financiar nin a aceptar as propostas presentadas na convocatoria.