El alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; la concejala de Urbanismo, Mercedes Rosón, y el concejal de Turismo, Sindo Guinarte, asistirán al 13º Foro de Inteligencia y Sostenibilidad Urbana que se desarrollará en Málaga este miércoles y jueves, 21 y 22 de septiembre. La agenda de Santiago programada para el evento incluye, además de la presentación del vehículo autónomo en el stand de Vodafone, adjudicataria de la iniciativa en el marco del proyecto SMARTIAGO, la participación en el Encuentro de líderes urbanos que reunirá a los alcaldes de la Red Innpulso.
A axenda institucional arrancará esta tarde cun encontro co alcalde de Málaga e a recepción de benvida que terá lugar no concello da cidade a partir das 20:00 h. Xa no marco do Foro Greencities que comeza mañá, a comitiva compostelá visitará o stand de Vodafone España onde estará exposto o vehículo de condución autónoma desenvolvido polo Concello de Santiago no marco do proxecto SMARTIAGO. Posteriormente reuniranse con Carlos Becker Mantecon, director de Marketing e Desenvolvemento de Negocio en Vodafone Business.
Os concelleiro Sindo Guinarte e Mercedes Rosón tamén aproveitarán a súa presenza no Greencities para visitar pola tarde o Centro Europeo de I+D Vodafone. O alcalde Xosé Sánchez Bugallo participará o xoves ás 10:45 na mesa redonda "Tecnoloxías dixitais: facilitadores críticos para la Smart Green City" e manterá un encontro con Vinod Kumar, CEO e membro do Comité Executivo de Vodafone.
Xosé Sánchez Bugallo tomará parte no "Encontro de líderes urbanos", actividade paralela do foro que reunirá a alcaldes e alcaldesas de diferentes urbes españolas para intercambiar casos de éxito, experiencias, áreas de mellora e protocolos de actuación sobre a xestión das cidades, con vistas a crear un coñecemento común a través da colaboración entre entes municipais.
O encontro de líderes urbanos terá lugar mañá, mércores 21 de setembro a partir das 16:00 horas. O obxectivo desta reunión é lograr cidades máis sostibles, socialmente responsables, competitivas e enmarcadas nos parámetros das políticas estatais e europeas de desenvolvemento urbano sostible. En concreto, búscase traballar de maneira colaborativa en impulsar o desenvolvemento e a implementación da Axenda Urbana nas cidades, así como fomentar a innovación e a tecnoloxía como eixos transversais das políticas de desenvolvemento urbano.
Vehículo de condución autónoma
O primeiro vehículo autónomo de Santiago, desenvolto no marco do proxecto do Concello de Santiago SMARTIAGO, foi presentado a pasada semana en Compostela. Vodafone España, adxudicataria da iniciativa, está a desenvolver un Living Lab de loxística de última milla, que contará con dous vehículos eléctricos autónomos para o seu desenvolvemento. Entre os obxectivos do proxecto, dotado dun investimento de 662.970,00€, atópanse o de mellorar o transporte de mercadorías no centro da cidade e o de reducir as emisións contaminantes. Así mesmo, a iniciativa contará cun Living Lab, un espazo vivo desenvolvido por Vodafone para asesorar a emprendedores e empresas no uso da plataforma e sobre a súa participación na mesma.
O proxecto SMARTIAGO desenvólvese en virtude dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Concello de Santiago de Compostela, e está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020; e nun 10% pola Axencia Galega de Innovación (GAIN)



