O Concello de Santiago de Compostela foi seleccionado como finalista aos Premios Europeos de Adquisición de Innovación 2021

Logo Equipa

El proyecto Smartiago acaba de ser seleccionado como uno de los finalistas de los Premios Europeos de Adquisición de la Innovación ( EUIPA) 2021. Estos premios, otorgados por el programa Horizon Europe, con el apoyo del Consejo Europeo de Innovación, reconocen los casos más destacados en toda Europa de promoción de la adquisición de innovación por parte de compradores públicos y privados, destacando además la colaboración entre comprador (en este caso, el Ayuntamiento de Santiago) y los proveedores de innovación para llevar las soluciones innovadoras al mercado.

O proxecto Smartiago vén de ser seleccionado como un dos finalistas dos Premios Europeos de Adquisición da Innovación (EUIPA) 2021. Estes premios, outorgados polo programa Horizon Europe, co apoio do Consello Europeo de Innovación, recoñecen os casos máis destacados en toda Europa de promoción da adquisición de innovación por parte de compradores públicos e privados, destacando ademais a colaboración entre comprador (neste caso, o Concello de Santiago) e os provedores de innovación para levar as solucións innovadoras ao mercado.

Os EUIPA están divididos en tres categorías: Estratexia de adquisicións de innovación, Enfrontando desafíos sociais e unha terceira categoría de Liderado nas adquisicións. O proxecto Smartiago postulouse na primeira delas, Estratexia de adquisicións de innovación, a que conta con máis finalistas, un total de 6. Ademais do proxecto Smartiago do Concello de Santiago, foron seleccionados como finalistas, por orde alfabética: o proxecto francés INNOSPRINT DIH, o galego INNO-AHA SERGAS, o polaco NCBR-IS, o tamén francés INNOVATION RESAH e o holandés WBL PCP y PPI.

O proxecto Smartiago e o do Sergas son os únicos representantes españois de todas as categorías entre os finalistas seleccionados.

VINDEIROS PASOS

No mes de outubro cada un dos semifinalistas será invitado a unha audiencia privada, que se realizará de xeito telemático, cos membros do xurado. Estas audiencias, cun procedemento moi estricto, permitirán presentar a candidatura de Smartiago e resolver as dúbidas do xurado relacionadas cos criterios de adxudicación establecidos.

Tras as deliveracións do xurado, seleccionarase un gañador e un finalista por categoría, que se anunciarán no Cumio do Consello Europeo de Innovación, os vindeiros 24 e 25 de novembro de 2021. Ademais do recoñecemento de ser finalista destes premios, os gañadores de cada categoría recibirán 75.000 euros e cada un dos finalistas, 25.000.

Ademais, todos os semifinalistas pasarán a formar parte dun grupo de compradores pioneiros para compartir a súa experiencia e obter inspiración da dos outros compradores, para o intercambio de boas prácticas, iniciativas, ideas e innovacións.