Firma do convenio de colaboración coa Axencia Galega de Innovación

Logotipo GAIN

El pasado 16 de septiembre se ha firmado el convenio de colaboración entre la Axencia Galega de Innovación (GAIN) y el Ayuntamiento de Santiago de Compostela.

Este convenio fai referencia ás actuacións da Fase de I+D, que conta cun orzamento que ascende a 6.180.000,00€. Tal e como se pode deducir dos obxectivos do proxecto SMARTIAGO, estes resultan de interese xeral para a promoción económica, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico e a creación de emprego en Galicia, e están aliñados coas medidas de impulso ás actuacións de Compra Pública de Innovación recollidas nas RIS3 de Galicia.

Para o desenvolvemento do proxecto, GAIN achegará ao Concello de Santiago de Compostela o 10% do importe do gasto total das actuacións orzamentadas, ata un importe máximo de 618.000,00€. As achegas serán realizadas en diferentes aportacións durante as anualidades do ano 2019, 2020 e 2021.