O Concello e a USC colaborarán no desenvolvemento do proxecto Smartiago de compra pública innovadora

USC

La Universidad de Santiago va a colaborar con el Ayuntamiento en el desarrollo en la iniciativa Smartiago, de fomento de la compra pública innovadora. Así se recoge en el convenio firmado hoy por el alcalde, Martiño Noriega, y el rector de la USC, Antonio López. El proyecto, financiado en su primera fase con más de cinco millones de euros de fondos europeos, procura soluciones innovadoras en la prestación de servicios públicos como la recogida y tratamiento de residuos, la movilidad y la iluminación pública.

O alcalde explicou que o convenio "permitirá que o Concello aproveite o coñecemento xerado no seo da Universidade de Santiago, poñendo en valor a propia USC". Martiño Noriega incidiu na importancia do programa Smartiago, que "aposta decididamente polo I+D+i, que non é unha simple declaración de intencións, e que pon a Compostela á vangarda do Estado no fomento da compra pública innovadora".

Pola súa banda, o reitor da Universidade de Santiago salientou "a sintonía entre as dúas institucións, e o convencemento de ambas de que a USC e o Goberno local teñen que traballar cóbado con cóbado para conseguir unha mellor prestación de servizos para a cidadanía". Antonio López incidiu en que "é un obxectivo prioritario para a Universidade ver que as súas investigacións se acaban levando á práctica, e neste caso temos ao Concello como firme aliado para conseguilo".

En virtude do acordo asinado hoxe, o Concello e a Universidade promoverán iniciativas en materia de I+D+i que favorezan e contribúan ao desenvolvemento do Smartiago e colaborarán na identificación tanto dos retos tecnolóxicos como nas oportunidades de financiamento en convocatorias nacionais e internacionais que contribúan ao programa. O convenio, que ten unha vixencia de catro anos prorrogables por períodos sucesivos de dous anos, poderá ser desenvolvido a través de convenios específicos.

Comisión de seguimento

O convenio asinado hoxe contempla a creación dunha Comisión Mixta de seguimento que estará integrada polo concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Xan Duro, e o xefe do Servizo de Informática e Innovación, Jesús Rodríguez, en representación do Concello; e polo vicerreitor de Investigación e Innovación e o director da Área de Xestión e Valorización de I+D, por parte da Universidade de Santiago.

Proxecto Smartiago

Santiago foi a primeira cidade do Estado en asinar un convenio co Ministerio de Economía para a captación de fondos europeos FEDER para o fomento da compra pública innovadora. Na primeira fase do proxecto, cun prazo estimado de catro anos, procurarase o desenvolvemento de solucións innovadoras para as tres liñas estratéxicas definidas no programa: xestión sostible e intelixente dos residuos sólidos urbanos, mobilidade intelixente sostible e alumeado ornamental intelixente para a conservación do patrimonio. O Goberno local xa ten presentadas estas liñas na Universidade de Santiago, co obxectivo de que os seus grupos de investigación traballen nas posibles solucións innovadoras.

Despois da primeira fase, e se se conseguen solucións satisfactorias, o Concello implantaríaas nos servizos municipais, converténdose en primeiro cliente dos grupos de investigación e, ao tempo, en socio parceiro que cobraría royalties se outras administracións contratan as mesmas tecnoloxías.