A Universidade da Coruña súmase ao desenvolvemento do proxecto Smartiago

Universidad coruña

El alcalde, Martiño Noriega, y el rector de la Universidade da Coruña, Julio Abalde, han firmado el convenio de colaboración para el desarrollo del proyecto de fomento de la compra pública de innovación, Smartiago. Ambos salientaron la oportunidad que supone este programa para que el conocimiento generado en el Sistema Universitario Gallego sea aprovechado por las instituciones públicas y por el conjunto de la sociedad.

O convenio asinado hoxe coa Universidade da Coruña é similar e complementario ao que foi subscrito no seu día coa Universidade de Santiago. O proxecto Smartiago, financiado na súa primeira fase con máis de cinco millóns de euros de fondos europeos, procura solucións innovadoras na prestación de servizos públicos como a recollida e tratamento de residuos, a mobilidade e a iluminación pública.

O alcalde incidiu en que "para as institucións públicas é fundamental o coñecemento que poden achegar as universidades galegas, e o Concello de Santiago precisa do conxunto do Sistema Universitario Galego para desenvolver o programa Smartiago". Martiño Noriega explicou que o convenio asinado hoxe coa Universidade da Coruña é "complementario do firmado coa Universidade de Santiago, e permitirá chegar a algúns ámbitos nos que a USC sinalou que non podería atender".

Pola súa parte, o reitor da UdC recoñeceu a súa satisfacción por colaborar no desenvolvemento do programa de compra pública innovadora, porque "o Smartiago é un proxecto que vai ser referencia, non só en Galicia senón tamén a nivel internacional". Julio Abalde defendeu a necesidade de que o Sistema Universitario de Galicia "traballe de forma colaborativa ao servizo do país, e de que cada universidade colabore con todas as institucións posibles, máis alá do seu ámbito xeográfico máis próximo".

Proxecto Smartiago

Santiago foi a primeira cidade do Estado en asinar un convenio co Ministerio de Economía para a captación de fondos europeos FEDER para o fomento da compra pública innovadora. Na primeira fase do proxecto, cun prazo estimado de catro anos, procurarase o desenvolvemento de solucións innovadoras para as tres liñas estratéxicas definidas no programa: xestión sostible e intelixente dos residuos sólidos urbanos, mobilidade intelixente sostible e alumeado ornamental intelixente para a conservación do patrimonio. O Goberno local xa ten presentadas estas liñas na Universidade de Santiago, co obxectivo de que os seus grupos de investigación traballen nas posibles solucións innovadoras.

Despois da primeira fase, e se se conseguen solucións satisfactorias, o Concello implantaríaas nos servizos municipais, converténdose en primeiro cliente dos grupos de investigación e, ao tempo, en socio parceiro que cobraría royalties se outras administracións contratan as mesmas tecnoloxías.