El proyecto CromaLux de iluminación inteligente en fachadas y monumentos históricos de Santiago, que forma parte del programa Smartiago del Ayuntamiento de Santiago, cumple tres meses de ensayo en la Casa del Cabido, con unos primeros resultados positivos sobre la inhibición de la colonización biológica, que se suman a los del patio de la antigua cárcel del Pazo de Raxoi, donde otro ensayo de las mismas características comenzó hace ocho meses.
O obxectivo desta iniciativa pioneira é o desenvolvemento e instalación de solucións de iluminación intelixente en fachadas e monumentos históricos da cidade que axuden a frear e controlar o crecemento das colonias biolóxicas que degradan estas infraestruturas, mellorando a conservación e reducindo a necesidade de complexas intervencións de limpeza e restauración.
"Respecto á validación da capacidade biostática da iluminación CromaLux sobre os organismos colonizadores en edificios, cumpridos oito meses de ensaio (xuño 2021-xaneiro 2022) nos muros do patio do antigo cárcere do edificio da Policía Local e tres meses de ensaio (novembro 2021-xaneiro 2022) na fachada principal de Casa do Cabido, demostrouse cuantitativamente en ambas localizacións a inhibición no crecemento dos organismos", explica Patricia Sanmartín, doutora pola USC e directora científica do proxecto, posto en marcha de forma conxunta por Televés, Ferrovial e a USC.
"Os resultados do primeiro piloto do patio do antigo cárcere resultan máis evidentes, debido ao maior tempo transcorrido, e obsérvase que a capacidade biostática das luces se potencia co tempo, así como a maior presenza inicial de organismos. Graficando os resultados tomados quincenalmente nos últimos meses obsérvase unha tendencia positiva, que marca un crecemento na colonización ao aplicar o alumeamento actual nos monumentos do centro histórico de Santiago, mentres que nas áreas sen iluminación nocturna e con CromaLux a tendencia é negativa, polo que marca un decrecemento de case o dobre coa nova solución con respecto a zonas non iluminadas", explica.
Respecto ao impacto da iluminación CromaLux na biodiversidade circundante, tomando como grupo de estudo as comunidades de insectos, terminado o ensaio que se mantivo durante os meses de calor nos que é posible realizalo (xuño 2021-outubro 2021) e que constou dun total de 15 mostraxes con 3 puntos de toma de mostra cada un, "os resultados obtidos confirman que o impacto tanto na cantidade (número total de insectos) como na diversidade (variedade de ordes e morfoespecies) pode considerarse nulo ao empregar a nova luminaria CromaLux, ao obterse resultados significativamente idénticos a aqueles recollidos nunha área sen iluminación artificial durante as horas da noite", engade Patricia Sanmartín.
"Ao comparar CromaLux coa luz actual que ilumina os monumentos do centro histórico obsérvase que o cambio de luminaria reduciría unhas cinco veces, senón máis, ata converterse en nulo, o impacto da luz artificial durante as horas da noite na cantidade de insectos, e que este cambio suporía un impacto menor sobre a diversidade dalgunhas ordes, especialmente tricópteros, neurópteros e coleópteros", conclúe.
Cromalux
Cromalux é un proxecto froito da colaboración entre o Concello de Santiago e Televés, que á súa vez ten acordos comerciais e de colaboración coa USC e Ferrovial. O obxectivo principal do proxecto é preservar a condición de Santiago como modelo de conservación do patrimonio a través da iluminación ornamental intelixente. Para iso estase desenvolvendo un sistema de alumeamento eficiente e medioambientalmente responsable para o control da colonización biolóxica en elementos de alto valor patrimonial, aproveitando a tecnoloxía LED e o telecontrol da iluminación con capacidade biostática, que é facilmente integrable en edificios con alto valor patrimonial, cun mínimo ou nulo impacto arquitectónico.
Confinaciamento FEDER
O proxecto Smartiago desenvólvese grazas a un convenio de colaboración da Liña FID (Fomento da Innovación desde a Demanda) entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Concello de Santiago de Compostela e está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020. Tamén está cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) nun 10%.



