O primeiro vehículo autónomo de Santiago de Compostela entra na súa recta final

Membros da Corporación Municipal na presentación do vehículo

Desarrollado en el marco del programa SMARTIAGO, este vehículo pretende mejorar el transporte de mercancías en el centro de la ciudad y reducir las emisiones contaminantes. La iniciativa contará con un Living Lab, un espacio vivo destinado a asesorar a emprendedores y empresas en el uso de la plataforma. El proyecto fue presentado esta mañana en Santiago en un acto que contó con la presencia del alcalde y de varios miembros de la Corporación municipal, entre otras autoridades.

O primeiro vehículo autónomo de Santiago, desenvolto no marco do proxecto do Concello de Santiago SMARTIAGO, entra na súa fase final. Vodafone España, adxudicataria da iniciativa, está a desenvolver un Living Lab de loxística de última milla, que contará con dous vehículos eléctricos autónomos para o seu desenvolvemento. O vehículo foi presentado esta mañá nun acto que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro do Turismo, Sindo Guinarte, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López, e o director territorial para a zona Norte de Vodafone España, Francisco Vallejo.

Entre os obxectivos do proxecto, dotado dun investimento de 662.970,00€, atópanse o de mellorar o transporte de mercadorías no centro da cidade e o de reducir as emisións contaminantes. Así mesmo, a iniciativa contará cun Living Lab, un espazo vivo desenvolvido por Vodafone para asesorar a emprendedores e empresas no uso da plataforma e sobre a súa participación na mesma.

Próximos pasos

Durante os próximos meses comezará o proceso de cartografado dixital de distintas zonas do centro histórico de Santiago permitindo, non só a condución autónoma do vehículo, senón tamén facilitando aos participantes do Living Lab eses mapas para o seu uso noutros vehículos autónomos que pretendan circular pola cidade. Así mesmo, realizaranse diversas probas, como a repartición autónoma de mercadorías no interior do centro histórico ou o cartografado do subsolo, identificando infraestruturas da cidade co uso dun Georradar.

O vehículo, con capacidade de condución autónoma, está dotado con sensores LIDAR e cámara para recoñecer o que sucede ao seu ao redor. Ademais, dispón dun sistema de comunicacións que permite a súa monitorización e a comunicación con outras infraestruturas da cidade.

No desenvolvemento do proxecto contouse coa colaboración da Universidade de Deusto e da empresa biscaíña Phebus SL. As primeiras probas realizáronse en Barakaldo, Biscaia, onde o vehículo realizou con éxito un mapeado preliminar da zona circundante e realizou un percorrido de forma autónoma.

O proxecto SMARTIAGO desenvólvese en virtude dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Concello de Santiago de Compostela, e está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020; e nun 10% pola Axencia Galega de Innovación (GAIN).