O programa de innovación Smartiago ten por obxectivo:
- Novo modelo de depósito e tratamento descentralizado da fracción orgánica dos residuos, que posibilite alcanzar os obxectivos marcados pola UE.
- Nova forma de relación coa cidadanía que premie o comportamiento axeitado en canto a depósito de RSU e limpeza viaria, aumentando a corresponsabilidade e a transparencia.
- Novo modelo de fiscalización da calidade de servizo, especialmente en canto a recollida e limpeza viaria no casco histórico.
- Racionalización do modelo actual de carga e descarga, para redución de conxestión e emisións.
- Evolución do control de acceso e estacionamento, para evitar danos en pavimentos históricos e bloqueo de vías de servizo público.
- Mellorar a eficiencia enerxética, con luminarias sostibles, deseñadas e fabricadas baixo o modelo de economía circular.
- Poñer en valor o patrimonio a través da iluminación ornamental, reducindo á súa vez os custos do seu mantemento e conservación.
- Mellorar a seguridade, utilizando a infraestrutura con elementos de sensórica para análise de presencia, fluxo de persoas e calidade ambiental (ruido, aire).



