Descrición

O obxectivo de reciclaxe na UE é dun 50% en 2020 e do 65% en 2030. A tecnoloxía «smart waste» está enfocada na eficiencia de custos e prestación do servizo (p.ex. sensores de enchido dos contedores e optimización de rutas), pero non está contribuíndo a acadar o obxectivo. O 40% da bolsa doméstica é materia orgánica. A compostaxe comunitaria permite o tratamento «in situ», pero aínda require un manexo manual e sen achegamento científico que optimice instalacións e minimice frenos de utilización. A limpeza viaria (LV) é un foco de desafección cidadá, con solucións «smart waste» na prestación (p.ex. sensórica en elementos de barrido), pero sen incidir na fonte na mellora da corresponsabilidade cidadá con innovación. Proposta de smart city participada: Depósito de residuos e LV como «human machine interface» (HMI). Cidade smart tanxible, sustrato de experiencias interactivas personalizadas con entorno urbano e mobiliario público baixo un modelo participado e preditivo inexistente no mercado «smart waste», estimando en 2B€ para 2021. Características:

  • Compostador comunitario con depósito identificado e predición de incidencias con intelixencia artificial (IA) sobre índice respirométrico.
  • Sistema de inspección de calidade de LV combinando «crowd monitorin» e IA.
  • Gamificado, interactivo, social: Plataforma de gamificación como modelo PAYT (pay as you throw), con aforro traducido en moeda social dixital, como medio de pago de taxas e comercio local.