Descrición

Por un lado, o custo de alumeado público ornamental asociado a inmobles e outros elementos de elevado valor patrimonial, ten un impacto elevado no capítulo 2 do concello. E por outro, o deterioro de fachadas patrimoniais polo impacto da colonización biolóxica e o vandalismo, require de importantes inversións de administracións públicas a nivel local, rexional e estatal. É posible innovar no ámbito de alumeado pública para crear, de forma sostible e acorde ao modelo da economía circular, un novo produto de iluminación smart ornamental que reduza o custo enerxético permita poñer en valor unha cidade patrimonio da UNESCO, limite os gastos de conservación e mantemento a través da inhibición e control da colonización biolóxica combinado con técnicas de intelixencia artificial, e mellore a seguridade a través da sensórica.

A innovación principal radicaría na evolución do coñecemento científico parcialmente probado no laboratorio (TRL 3-4), para xerar unha luminaria ornamental smart con capacidade de inhibir a colonización biolóxica de fachadas, integrando sensórica e técnicas de IA (machine learning) para automodular a intensidade de luz de forma personalizada para cada inmoble e época do ano, xenerando un produto de TRL 7 inexistente no mercado.