Nesta xornada participaron empresas e axentes do ecosistema de innovación. No encontro explicouse en detalle o programa e os retos detectados que se queren abordar e que se esperan cubrir a través das futuras licitacións.
A xornada comezou cun acto institucional ás 11:00 horas, no que participaron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde López, e a secretaria de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Ángeles Heras Caballero.
Logo da intervención do Concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais do Concello de Santiago de Compostela, Gumersindo Guinarte Cabada, realizouse unha explicación dos aspectos técnicos do proxecto Smartiago a cargo de Jesús Rodríguez Castro, Xefe do Servizo de Informática. E por último, Manuel Varela Rey, Director de Sector Público en Science & Innovation Link Office (SILO) explicou como poder participar no proceso de consultas, así como aqueles aspectos administrativos máis destacados.
A xornada pechouse cun tempo de resolución de dúbidas, e finalmente cunha sesión de networking entre os asistentes.



