Liñas de actuación

  • Liña Xestión sostible e intelixente de residuos sólidos urbanos
    • O servizo de xestión de residuos sólidos urbanos (RSU) e limpeza viaria (LV). Implican un custo anual de 11,55M €/ano, o que supón o 28,3% do capítulo 2 do orzamento municipal (datos de 2015). Ademais, cun pobre 13% de recollida selectiva, moi por debaixo do obxectivo de reciclaxe e preparación para a reutilización marcado pola UE: 50% en 2020 y 65% en 2030.
  • Liña Mobilidade intelixente e sostible
    • A mobilidade e acceso de vehículos de residentes, visitantes e carga e transportistas no centro e casco histórico de Santiago de Compostela, patrimonio da UNESCO. A elevada actividade hostaleira e comercial implica unha desordenada actividade de vehículos de transporte de “última milla”, cuxo control se basea en elementos físicos non integrados co patrimonio e control humano, con impacto no estacionamento e bloqueo de vehículos de emerxencia e recollida de residuos.
  • Liña Alumeado ornamental intelixente para conservación do patrimonio
    • O alumeado público e a conservación de fachadas de elevado valor patrimonial. Supón 3,5M€/ano en electricidade e mantemento de luminarias, un 9% do capítulo 2 do orzamento anual do Concello. Nunha Cidade Patrimonio da UNESCO con elevada afluencia turística, a iluminación supón un valor engadido. Ademais, a conservación e mantemento de elementos do patrimonio construído implican importantes gastos recorrentes.