Preguntas frecuentes

A consulta non ten criterios de selección.

As licitacións servirán para rematar os desenvolvemento e levalos a fase de prototipo/proba, e ese activo será adquirido polo Concello.

Si, a solución debe ser novedosa. Aínda así, pode utilizar compoñentes xa existentes no mercado.

Búscanse propostas con TRLs próximos ao mercado, aos que aínda lles quede algo de desenvolvemento para estar no mercado.

A consulta preliminar ao mercado, regulada na nova LCSP, menciona que os órganos de contratación poderán realizar estudos de mercado e dirixir consultas aos operadores económicos que estiveran activos no mesmo coa finalidade de preparar correctamente a licitación e informar aos citados operadores económicos acerca dose seus plan e dos requisitos que esixirán para concurrir ao procedemento. A consulta ao mercado será utilizada polo órgano de contratación para planificar o procedemento de licitación e, tamén, durante a sustanciación do mesmo, sempre e cando isto non teña o efecto de falsear a competencia ou de vulnerar os principios de non discriminación e transparencia.

Non debe confundirse co diálogo competitivo, regulado na Lei 9/2017 (art. 172). No diálogo competitivo, a mesa especial de diálogo competitivo dirixe un diálogo cos candidatos seleccionados, previa solicitude dos mesmos, a fin de desenvolver unha ou varias solucións susceptibles de satisfacer as súas necesidades e que servirán de base para que os candidatos elixidos presenten unha oferta, xa contractual. Neste procedemento, os participantes, máis que presentar ideas e posibles especificacións funcionais ou de rendemento dunha determinada prestación para que se teñan en conta polo poder adxudicador, presentan xa as súas solucións, que son proxectos completos de prestación contractual.

Os criterios a ter en conta para a análise das ideas propostas son:

  • Adaptación da proposta á necesidade descrita no proxecto.
  • Novidade que aporta respecto ao estado do arte (carácter innovador das propostas).
  • Prazo de execución da proposta de solución.
  • Escalabilidade.

Son tres:
• Bases, clausulado que regula estas CPM.
• Documento de retos.
• Formulario de participación

Informarase desta situación a través da páxina web.

Considerarse que o proxecto está pechado no momento que se produzan as licitacións do procedemento de contratación, no caso de que ésta proceda.

Aproximadamente, no segundo semestre do 2020.

O 16 de decembro de 2019 ás 23:59 horas.

Durante o mes de xaneiro de 2020.

O número de licitacións conoceranse despois da análise das diferentes propostas recibidas na consulta ao mercado e a publicación do mapa de demanda temprana.

A convocatoria xorde dentro dun novo modelo de relación co mercado, en el que se busca de forma transparente, la participación de todo tipo de entidades y personas físicas o jurídicas, que tengan la voluntad de colaboración con el Ayuntamiento de Santiago de Compostela, para la identificación de propuestas innovadoras que contribuirán al proceso desarrollo y ejecución de soluciones y de servicios en el ámbito de los retos definidos en Smartiago.

El objetivo de la consulta al mercado es que, a partir de las propuestas recibidas, el Ayuntamiento de Santiago de Compostela tenga conocimiento suficiente de las soluciones más innovadoras y óptimas existentes en el mercado para el lanzamiento de procedimientos de licitación posteriores.

A consulta o dirá, pero polos prazos que se manexan e a tendencia buscada de ter pilotos reais, todo nos indica que nos movemos en termos dunha CPTI.

Si. Na fase CPI debe chegarse a un piloto ou prototipo, nada se di do tamaño ou alcance deses prototipos. Cada proposta poderá definir ese alcance, cumprindo os requisitos particulares indicados na consulta (exemplo mobilidade: área xeográfica casco histórico).

Si, é de obrigatorio cumprimento.

No suposto de que se produza a licitación do procedemento de contratación, definiranse as condicións do modelo de explotación da idea proposta no prego publicado.

Non. Un reto pode ter máis ou menos orzamento, aínda que si haberá licitacións para os tres retos.

Non, unha empresa pode presentar todas as ideas que considere.

Si, no proxecto Smartiago xa están previstas estas licitacións.

O Concello de Santiago de Compostela non responderá individualmente sobre a valoración das propostas.

Poderá convocar unha reunión para aclarar puntos dunha proposta , sen significar esa reunión unha selección da proposta nin considerarse que é máis interesante que outra á cal non se convoque a reunión . As reunións servirán para completar información sobre a proposta ou solicitar matizacións da mesma.

Si, poden engadirse ficheiros adxuntos.

Na web do proxecto Smartiago poderanse obter, segundo vaia avanzando o proceso, contidos máis específicos sobre o proxecto.

As propostas enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: cm-smartiago@santiagodecompostela.gal

Non obrigatoriamente. O órgano de contratación reservase a posibilidade de chamar só a algunhas propostas a entrevistas.

Nas entrevistas faranse preguntas para completar a información das diferentes propostas ou se resolverán as dúbidas que puideran xurdir con algunha proposta. As entrevistas serven para a ampliación da información solicitada.

A través do seguinte enderezo de correo electrónico poden enviarse consultas operativas sobre este procedemento:

cm-smartiago@santiagodecompostela.gal

Non se proporcionará información adicional sobre o contido do proxecto.

Si, poden engadirse documentos en diferentes formatos, cun límite de 10MB por ficheiro, así como unha URL dun vídeo explicativo.

A Compra Pública de Innovación (CPI), como instrumento de política de innovación desde a demanda, é unha iniciativa orientada a potenciar sectores estratéxicos utilizando a compra das administraciones públicas para fomentar o desenvolvemento tecnolóxico e a obtención de bens e servizos innovadores.

Este novo enfoque das compras públicas presentase como unha ferramenta fundamental para o fortalecemento das empresas innovadoras, ao incentivar ao sector privado a realizar propostas de maior valor engadido para dar solución a proxectos estratéxicos da Administración.

A CPI persegue os seguintes obxectivos:

  1. A mellora dos servizos públicos mediante a incorporación de bens ou servizos innovadores.
  2. O fomento da innovación empresarial.
  3. O impulso á internacionalización da innovación empregando o mercado público local como cliente de lanzamento ou referencia.

O marco xurídico da Compra Pública de Innovación aparece recollido, fundamentalmente, na Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, que incorpora as Directivas europeas na materia (1). Do mesmo xeito na Nova Lei de Contratos do Sector Público (NLCSP) – Lei 9/2017, resultado de incorporar as Directivas europeas 2014/23 e 2014/24, concesións e contratos, reforzase a importancia de promover e potenciar a través da contratación pública aspectos sociais, medioambientais e innovadores.

(1) Directiva 2014/18 de 31 de marzo de 2004, sobre coordinación dos procedementos de adxudicación dos contratos públicos de obras, de suministro e de servizos.

É un resumo que se obtén das CPM e as entrevistas para orientar como serán as licitacións que van publicarse.

A definición mínima para que unha idea sexa considerada é a que se indica nos distintos campos do formulario incluído na plataforma de ideas do proxecto SMARTIAGO.

A convocatoria aberta de ideas de solucións innovadoras:

  • NON é un concurso de ideas.
  • NON é unha convocatoria de axudas de proxectos de I+D+i.
  • NON é un procedemento aberto de contratación.

O Concello de Santiago utilizará as propostas internamente e dará publicidade ás solucións finais definidas polo propio Concello de Santiago de Compostela, para as que utilizará ou non calquera das propostas enviadas no marco da convocatoria aberta de ideas de solucións innovadoras.

O uso dos contidos das propostas enviadas no marco da convocatoria aberta de ideas de solucións innovadoras limitarase exclusivamente á posible inclusión de ditos contidos no proceso de definición do reto tecnolóxico, que se concretará nos pregos do procedemento de contratación que se tramite baixo a fórmula de Compra Pública de Innovación.

Aquelas entidades que propoñan unha innovación e que a súa proposta se vexa máis interesante para o proxecto.

Nesta convocatoria poden participar todo tipo de entidades e persoas físicas (ou xurídicas) que teñan vontade de participación e de colaboración co Concello de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do proxecto SMARTIAGO na súa definición, alcance, desenvolvemento e innovación.

Neste sentido, a convocatoria busca a participación de todo aquel que poida «aportar coñecemento» para o desenvolvemento e execución deste proxecto.

Na fase de contratación, só poderán participar as personas naturais (ou xurídicas) nacionais (ou estranxeiras) que cumpran os supostos do artigo 65 da Lei 9/2017.

Aínda non está decidido, pero haberá polo menos unha por reto. Non se identifica cada reto ou subreto cunha licitación, non está definido o número de licitacións.

Sobre todos aqueles aspectos clave para articular unha licitación de CPI.

Non. O propio procedemento da convocatoria de propostas de solucións innovadoras avala a “igualdade de trato” dos participantes nas futuras contratacións, e non garante ningún dereito preferente aos presentadores das ideas.

A participación na convocatoria, o diálogo ou os contactos mantidos cos participantes, e os intercambios de información non poderán dar lugar a infraccións dos principios comunitarios de non discriminación e transparencia nin ter como efecto restrinxir ou limitar a competencia, nin outorgar vantaxes desleais ou dereitos exclusivos non eventuais nos procedementos de contratación.

Non está claro agora. Pode ser que despois de consulta algún subreto se atope moi lonxe do mercado (TRL moi baixo). E nese caso non se afronte dentro das licitacións.